mércores, 29 de xuño de 2016

Plan Xermolón

Neste link poderás atopar os datos dos produtos que adoitamos consumir na cafetería do IES.
Ademais da composición nutricional de cada produto, atoparás información sobre as porcentaxes da inxesta diaria recomendada que supoñen (para unha inxesta de 2000 Kcal diarias suxerida polos fabricantes) e tamén a porcentaxe que supoñen para a inxesta media dos alumnos e alumnas de 1º de ESO.

XERMOLON. Oferta alimentaria no IES

Para os cálculos do gasto enerxético basal calculouse o Indice de Masa Corporal (IMC) de todos os alumnos e alumnas -tras a reecollida de datos de estatura e peso- e a media dos mesmos, segregada por xéneros.

A fórmula para calcular o Gasto Enerxético Basal do alumnado de 1º de ESO empregada foi a de Miffin- St. Jeor:  
Homes: TMB = [9,99 x peso (kg)] + [6,25 x altura (cm)] – [4,92 x edad (años)] + 5 
Mulleres: TMB = [9,99 x peso (kg)] + [6,25 x altura (cm)] – [4,92 x edad (años)] -161 

Como factor de actividade física, co que multiplicar a TMB para estimar o gasto calórico diario, empregouse a seguinte táboa e as enquisas de actividade física (PAQ-A) pasadas no inicio do curso: 
       
1,2 = Sedentario (escaso o nulo ejercicio y trabajo de oficina) 





1,4 = Ligeramente activo (poca actividad diaria y ejercicio ligero 1-3 veces por semana) 


1,6 = Moderadamente activo (vida diaria moderadamente activa y ejercicio moderado 3-5 veces por semana) 
1,8 = Muy activo (estilo de vida físicamente exigente y ejercicio intenso 6-7 días por semana) 


2 = Extremadamente activo (ejercicio intenso a diario y trabajo físico muy duro)

Os resultados medios para homes e mulleres foron os seguintes: 

TMB rapaces: 1424,86 Kcal/día

TMB rapazas: 1247,08 Kcal/dia

Gasto Enerxético Total dos rapaces: 2182,29 Kcal/día

Gasto Enerxético Total das rapazas: 1787,58 Kcal/día





luns, 20 de xuño de 2016

MÚSCULOS

Nesta entrada poderás atopar unha presentación cos estractos do libro de anatomía funcional de Fucci.
Tamén atoparás información sobre os sistemas propioceptivos que hai nos músculos e tendóns (órganos tendinosos de Golgi e fusos neuromusculares) e sobre o mecanismo fisiolóxico polo que se produce a contracción muscular: lembra: Sodio-Potasio, Calcio que sae dos tútulos T e ATP...para desprazar as cabezas de miosina sobre a actina (enganchándose nos lugares que libera o Ca na troponina)

MÚSCULOS: TIPOS, NOMES E ACCIÓNS













En que museo de Alemania poderás atopar todos os corpos elaborados polo doutor Gunter Von Hagens mediante a técnica da "plastinación"?









luns, 13 de xuño de 2016

ARTICULACIONS

Neste enlace poderás atopar as principais articulacións móbiles do corpo e estudiar as súas partes óseas, ligamentos e movementos que realizan.
 Principais articulacións do corpo
Tipos de articulacións
Para o portafolio, teredes que facer os test de valoración artromuscular que aparecen na seguinte presentación. Podedes facer as fotos co móbil e marcar sobre elas, cun programa de tratamento de imaxes, as flechas que indican os aspectos a valorar e engadir as conclusións sobre a valoración na diapositiva.
Valoración artromuscular
Para a parte muscular do aparello locomotor é moi recomendable a consulta no libro "Biomecánica del aparato locomotor aplicada al acondicionamiento muscular" de Fucci, Begnini e Fornasari.Un libro moi interesante para a valoración artromuscular é "Músculos, pruebas, funciones y dolor postural" de Kendall. ambos poderás atopalos no departamento de Educación Física.
Tamén poderás atopar información sobre exercicio físico, biomecánica e valoración postural no blogue temadeporte.blogspot.com


xoves, 26 de maio de 2016

domingo, 15 de maio de 2016

APARELLO EXCRETOR

No enlace inferior atoparás as presentacións que te permitirán superar o exame de Anatomía correspondente ao aparello excretor. Non esquezas visionar os vídeos que aparecen nos enlaces dalgunhas das diapositivas, pois axudarante a ter máis claros algúns procesos ou conceptos. Animo que estamos rematando!
Aparello Excretor

Diagnose a través do sabor da orina (Dedicada cariñosamente a Ana Carballido)

Osmolaridade e bebidas enerxéticas

mércores, 13 de abril de 2016

GLOSARIO DE TERMOS DOS APARELLOS REPRODUTORES

No seguinte enlace poderás atopar unha serie de termos que fan referencia ao aparello reprodutor, as súas partes, funcionamento e patoloxía. Algúns xa aparecen explicados e de outros deberás de atopar ti a etimoloxía ou o significado.
Ánimo!
TERMINOS DOS APARELLOS REPRODUTORES

luns, 11 de abril de 2016

APARELLO REPRODUTOR MASCULINO

Nesta sección poderás atopar as presentacións sobre a anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor masculino e o proceso da espermatoxénese:

ESPERMATOXÉNESE















APARELLO REPRODUTOR MASCULINO


martes, 29 de marzo de 2016

APARELLO REPRODUTOR FEMININO

Nesta entrada poderás atopar a presentación sobre a anatomía do aparello reprodutor das mulleres, con algúns apuntes históricos,  e outra sobre as fases do ciclo menstrual e o fenómeno da fecundación.

APARELLO REPRODUTOR FEMININO

CICLO MENSTRUAL E FECUNDACION

martes, 15 de marzo de 2016

A FECUNDACION, O EMBARAZO SEMANA A SEMANA E O PARTO

Nestes videos de Youtube poderás observar en tempo reducido o proceso da fecundación desde o seu inicio e a evolución do embrión e do feto ata o momento do parto. 




luns, 14 de marzo de 2016

O ALMORZO, COMIDA FUNDAMENTAL DO DIA

Para preparar o voso almorzo saudable podedes consultar a presentación seguinte que vos dará información sobre os grupos de alimentos e nutrintes que debe de conter así como das calorías que debe de supor. Tedes que ter en conta que as necesidades calóricas diarias dunha persoa oscilan entre as 2000 e 3000 aproximadamente en función do seu tamaño e idade e de se ten un estilo de vida sedentario, moderadamente activo ou moi activo. Vós xa estimáchedes o voso gasto calórico así que podedes aplicar as porcentaxes e personalizar o voso almorzo.

ALMORZO SAUDABEL

Lembrade que o IES vos facilitará froitos secos e zume natural para as vosas racións e que vos teredes que completalo de xeito que todos os integrantes do voso grupo poidan facer un amorzo saudable, nutritivo, variado e delicioso. Ánimo!

Na seguinte presentación do Slideshare poderás ver como noutros países do noso contorno tamén se fai fincapé na importancia do almorzo para a saúde, a liña e o desempeño escolar:

PEQUENO ALMOÇO

luns, 7 de marzo de 2016

TRABALLO DE NUTRICION

Nesta entrada do blogue poderás atopar táboas para o cálculo dos nutrintes e calorías de cada alimento e tamén para o cálculo dos gramos de alimento que constitúen as racións que habitualmente consumimos.
Para deseñar o teu menú podes empregar a folla de cálculo de Excell.
Lembra que o prazo de entrega dos traballos finaliza o mércores 16 de marzo.

TABOA DE CALORIAS DOS ALIMENTOS

TABOA DE CALCULO DOS GRAMOS DE CADA RACIÓN

FOLLA DE CALCULO CALORICO E NUTRICIONAL DA DIETA

TRABALLO DE NUTRICION. PREGUNTAS

venres, 12 de febreiro de 2016

SITUACIÓNS DE EMERXENCIA!

Hipoglucemia : situación na que o aporte de glucosa ao cerebro é insuficiente. Tradúcese nun deterioro do funcionamento do Sistema Nervoso Central e pode chegar a provocar inconsciencia. O seguinte video axuda a recoñecela para poder atallala o antes posible:

         

          
Situación de atragantamento: Maniobra de Heinlich

          

Parada cardiorespiratoria: Reanimación cardiopulmonar (RCP). Uso do desfibrilador automático.
 
                   
Mr. Bean, un cúmulo de despropósitos ante unha situación de emerxencia.
                                 

luns, 18 de xaneiro de 2016

ALARMA! Accidente cerebrovascular!

Neste enlace poderás atopar información sobre os accidentes cerebrovasculares (tanto isquémicos coma hemorráxicos), que son unha das causas de morte moi comúns entre a poboación galega. Alén diso, son a causa de graves discapacidades que producen un grande nivel de dependencia entre os que a sofren e condicionan a súa vida e a dos seus coidadores.





ICTUS. O TEMPO É OURO!




Algúns sinais cos que podes detectar síntomas de que alguén esta a sufrir un ictus son:

ARTIGOS DIVULGATIVOS DE INTERESE

Nesta sección poderás ver o artigo de Mario Rigatto "Os seis coraçoes  do homem. Um ensaio"  e o "La teoría del caos y los fractales en la fisiología humana y la evolución celular" de Jorge Joel Reyes Méndez.
Os dous conteñen puntos de vista orixinais sobre a estrutura e funcionamento do corpo humano. Ánimo e a por eles!

Os seis coraçoes do homem












Caos y fractales en la fisiología humana



luns, 11 de xaneiro de 2016

APARELLOS CARDIOVASCULAR E RESPIRATORIO

Neste apartado podes atopar un PDF co resumo correspondente ás presentacións do tema 3 sobre o aparello cardiovascular e o sistema respiratorio. Tamén hai unha nova presentación sobre o sistema circulatorio e dúas presentacións sobre o sangue e a linfa.
APARELLO CARDIOVASCULAR E SISTEMA RESPIRATORIO

SISTEMA CIRCULATORIO (PALOMA ROMÁN)

O SANGUE

AS DEFENSAS DO SANGUE

venres, 8 de xaneiro de 2016

O CORAZÓN E O PULMÓN


No enlace seguinte podes atopar a presentación sobre o corazón, a súa anatomía e fisioloxía básica e o sistema de vasos sanguíneos  e outra sobre o sistema respiratorio, as vías, a superficie de intercambio de gases, os volumes respiratorios e a regulación da respiración.

SISTEMA RESPIRATORIO:

APARELLO CARDIOVASCULAR

venres, 1 de xaneiro de 2016

O METABOLISMO ENERXÉTICO

Neste apartado poderás atopar un PDF co resumo dos tema correspondente aos sistemas de obtención de enerxía a partir de depósitos ou nutrientes que se produce na célula. Este PDF complementa a presentación do tema 2 da primeira avaliación "Vías de Obtención de Enerxía".
SISTEMAS DE OBTENCIÓN DE ENERXÍA: TRANSFORMACIÓN DOS NUTRIENTES EN ENERXÍA