luns, 14 de marzo de 2016

O ALMORZO, COMIDA FUNDAMENTAL DO DIA

Para preparar o voso almorzo saudable podedes consultar a presentación seguinte que vos dará información sobre os grupos de alimentos e nutrintes que debe de conter así como das calorías que debe de supor. Tedes que ter en conta que as necesidades calóricas diarias dunha persoa oscilan entre as 2000 e 3000 aproximadamente en función do seu tamaño e idade e de se ten un estilo de vida sedentario, moderadamente activo ou moi activo. Vós xa estimáchedes o voso gasto calórico así que podedes aplicar as porcentaxes e personalizar o voso almorzo.

ALMORZO SAUDABEL

Lembrade que o IES vos facilitará froitos secos e zume natural para as vosas racións e que vos teredes que completalo de xeito que todos os integrantes do voso grupo poidan facer un amorzo saudable, nutritivo, variado e delicioso. Ánimo!

Na seguinte presentación do Slideshare poderás ver como noutros países do noso contorno tamén se fai fincapé na importancia do almorzo para a saúde, a liña e o desempeño escolar:

PEQUENO ALMOÇO

Ningún comentario:

Publicar un comentario