martes, 15 de decembro de 2015

RECUPERACIÓNS!

Lembrade que cada alumno/a terá que recuperar as partes do exame de avaliación nas que non obtivera a puntuación mínima.

Sí. O exame de recuperación será mañá mércores 16 de decembro na hora de clase (5ª hora).

mércores, 25 de novembro de 2015

EXAMES E TRABALLOS!

A todo o alumnado de Anatomía Aplicada: lembrade que o xoves, día 3 de decembro de 2015, ás 09.50 terá lugar o exame teórico da primeira avaliación. Os temas incluídos no exame serán os 0, 1 e 2 publicados neste blogue así como os contidos teóricos cos que se elaboraron as prácticas da materia.
Lembrade que tedes que elaborar o portafolio das vosas prácticas en ppt, pptx ou un formato similar de presentación e telo listo para presentar antes do día 10 de decembro coas prácticas realizadas nesta avaliación.
Finalmente, os traballos teóricos sobre os compostos presentes no organismo e as súas funcións, tamén en formato ppt, pptx ou similar (non excederán as 4 diapositivas), redactados en galego e con imaxes, esquemas, vídeos, etc. deberán de ser entregados antes do día 15 de decembro.
A CALIFICACIÓN da materia farase como está previsto na programación a partires destes tres documentos.

ÁNIMO!




TEMA 2. VÍAS DE OBTENCIÓN DE ENERXÍA

No enlace do fin da páxina poderás descargar a presentación sobre as rutas metabólicas que proporcionan enerxía para que a célula poida realizar as súas funcións:

METABOLISMO INTERMEDIO

luns, 16 de novembro de 2015

TEMA 1. O ORGANISMO

No tema 1 poderás atopar información básica sobre os compostos químicos que se atopan no noso organismo así como unha introducción aos conceptos de anabolismo/catabolismo e un resumo dos órganos, aparellos e sistemas do organismo humano e as funcións que realizan.
Este tema serve de introducción para que poidas desenvolver logo, con máis profundidade, os coñecementos relativos a cada un deles.

INTRODUCCIÓN AOS TECIDOS, ÓRGANOS, APARELLOS E SISTEMAS

TEMA 0. XENERALIDADES DE ANATOMÍA


No enlace poderás acceder a unha presentación en PDF que recolle varias presentacións con conceptos básicos sobre os fundamentos da anatomía, a posición anatómica, os planos e eixos e os termos anatómicos, de relación, de comparación e de movemento. Este tema axudarache a empregar vocabulario específico nas descripcións anatómicas ou a análise dos movementos corporais.

FUNDAMENTOS DE ANATOMÍA

martes, 3 de novembro de 2015

PROGRAMACIÓN DE ANATOMÍA APLICADA.

BENVIDOS AO BLOGUE DE ANATOMÍA APLICADA!
Premendo no seguinte enlace poderás ler a programación da materia para comprobar os obxectivos, contidos, periodización e sistemas de avaliación e calificación.

PROGRAMACIÓN DE ANATOMÍA APLICADA 2015-2016

Se despois de ler a programación tes dúbidas, poderás consultalas durante as clases de Anatomía, mércores, xoves ou venres.