martes, 29 de marzo de 2016

APARELLO REPRODUTOR FEMININO

Nesta entrada poderás atopar a presentación sobre a anatomía do aparello reprodutor das mulleres, con algúns apuntes históricos,  e outra sobre as fases do ciclo menstrual e o fenómeno da fecundación.

APARELLO REPRODUTOR FEMININO

CICLO MENSTRUAL E FECUNDACION

martes, 15 de marzo de 2016

A FECUNDACION, O EMBARAZO SEMANA A SEMANA E O PARTO

Nestes videos de Youtube poderás observar en tempo reducido o proceso da fecundación desde o seu inicio e a evolución do embrión e do feto ata o momento do parto. 




luns, 14 de marzo de 2016

O ALMORZO, COMIDA FUNDAMENTAL DO DIA

Para preparar o voso almorzo saudable podedes consultar a presentación seguinte que vos dará información sobre os grupos de alimentos e nutrintes que debe de conter así como das calorías que debe de supor. Tedes que ter en conta que as necesidades calóricas diarias dunha persoa oscilan entre as 2000 e 3000 aproximadamente en función do seu tamaño e idade e de se ten un estilo de vida sedentario, moderadamente activo ou moi activo. Vós xa estimáchedes o voso gasto calórico así que podedes aplicar as porcentaxes e personalizar o voso almorzo.

ALMORZO SAUDABEL

Lembrade que o IES vos facilitará froitos secos e zume natural para as vosas racións e que vos teredes que completalo de xeito que todos os integrantes do voso grupo poidan facer un amorzo saudable, nutritivo, variado e delicioso. Ánimo!

Na seguinte presentación do Slideshare poderás ver como noutros países do noso contorno tamén se fai fincapé na importancia do almorzo para a saúde, a liña e o desempeño escolar:

PEQUENO ALMOÇO

luns, 7 de marzo de 2016

TRABALLO DE NUTRICION

Nesta entrada do blogue poderás atopar táboas para o cálculo dos nutrintes e calorías de cada alimento e tamén para o cálculo dos gramos de alimento que constitúen as racións que habitualmente consumimos.
Para deseñar o teu menú podes empregar a folla de cálculo de Excell.
Lembra que o prazo de entrega dos traballos finaliza o mércores 16 de marzo.

TABOA DE CALORIAS DOS ALIMENTOS

TABOA DE CALCULO DOS GRAMOS DE CADA RACIÓN

FOLLA DE CALCULO CALORICO E NUTRICIONAL DA DIETA

TRABALLO DE NUTRICION. PREGUNTAS