mércores, 29 de xuño de 2016

Plan Xermolón

Neste link poderás atopar os datos dos produtos que adoitamos consumir na cafetería do IES.
Ademais da composición nutricional de cada produto, atoparás información sobre as porcentaxes da inxesta diaria recomendada que supoñen (para unha inxesta de 2000 Kcal diarias suxerida polos fabricantes) e tamén a porcentaxe que supoñen para a inxesta media dos alumnos e alumnas de 1º de ESO.

XERMOLON. Oferta alimentaria no IES

Para os cálculos do gasto enerxético basal calculouse o Indice de Masa Corporal (IMC) de todos os alumnos e alumnas -tras a reecollida de datos de estatura e peso- e a media dos mesmos, segregada por xéneros.

A fórmula para calcular o Gasto Enerxético Basal do alumnado de 1º de ESO empregada foi a de Miffin- St. Jeor:  
Homes: TMB = [9,99 x peso (kg)] + [6,25 x altura (cm)] – [4,92 x edad (años)] + 5 
Mulleres: TMB = [9,99 x peso (kg)] + [6,25 x altura (cm)] – [4,92 x edad (años)] -161 

Como factor de actividade física, co que multiplicar a TMB para estimar o gasto calórico diario, empregouse a seguinte táboa e as enquisas de actividade física (PAQ-A) pasadas no inicio do curso: 
       
1,2 = Sedentario (escaso o nulo ejercicio y trabajo de oficina) 





1,4 = Ligeramente activo (poca actividad diaria y ejercicio ligero 1-3 veces por semana) 


1,6 = Moderadamente activo (vida diaria moderadamente activa y ejercicio moderado 3-5 veces por semana) 
1,8 = Muy activo (estilo de vida físicamente exigente y ejercicio intenso 6-7 días por semana) 


2 = Extremadamente activo (ejercicio intenso a diario y trabajo físico muy duro)

Os resultados medios para homes e mulleres foron os seguintes: 

TMB rapaces: 1424,86 Kcal/día

TMB rapazas: 1247,08 Kcal/dia

Gasto Enerxético Total dos rapaces: 2182,29 Kcal/día

Gasto Enerxético Total das rapazas: 1787,58 Kcal/día





luns, 20 de xuño de 2016

MÚSCULOS

Nesta entrada poderás atopar unha presentación cos estractos do libro de anatomía funcional de Fucci.
Tamén atoparás información sobre os sistemas propioceptivos que hai nos músculos e tendóns (órganos tendinosos de Golgi e fusos neuromusculares) e sobre o mecanismo fisiolóxico polo que se produce a contracción muscular: lembra: Sodio-Potasio, Calcio que sae dos tútulos T e ATP...para desprazar as cabezas de miosina sobre a actina (enganchándose nos lugares que libera o Ca na troponina)

MÚSCULOS: TIPOS, NOMES E ACCIÓNS













En que museo de Alemania poderás atopar todos os corpos elaborados polo doutor Gunter Von Hagens mediante a técnica da "plastinación"?









luns, 13 de xuño de 2016

ARTICULACIONS

Neste enlace poderás atopar as principais articulacións móbiles do corpo e estudiar as súas partes óseas, ligamentos e movementos que realizan.
 Principais articulacións do corpo
Tipos de articulacións
Para o portafolio, teredes que facer os test de valoración artromuscular que aparecen na seguinte presentación. Podedes facer as fotos co móbil e marcar sobre elas, cun programa de tratamento de imaxes, as flechas que indican os aspectos a valorar e engadir as conclusións sobre a valoración na diapositiva.
Valoración artromuscular
Para a parte muscular do aparello locomotor é moi recomendable a consulta no libro "Biomecánica del aparato locomotor aplicada al acondicionamiento muscular" de Fucci, Begnini e Fornasari.Un libro moi interesante para a valoración artromuscular é "Músculos, pruebas, funciones y dolor postural" de Kendall. ambos poderás atopalos no departamento de Educación Física.
Tamén poderás atopar información sobre exercicio físico, biomecánica e valoración postural no blogue temadeporte.blogspot.com


xoves, 26 de maio de 2016

domingo, 15 de maio de 2016

APARELLO EXCRETOR

No enlace inferior atoparás as presentacións que te permitirán superar o exame de Anatomía correspondente ao aparello excretor. Non esquezas visionar os vídeos que aparecen nos enlaces dalgunhas das diapositivas, pois axudarante a ter máis claros algúns procesos ou conceptos. Animo que estamos rematando!
Aparello Excretor

Diagnose a través do sabor da orina (Dedicada cariñosamente a Ana Carballido)

Osmolaridade e bebidas enerxéticas